Guia docente 2010_11
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Trazabilidade
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Coñecer as principais alteracións e/ou riscos sanitarios asociados á presencia de microorganismos, parasitos e substancias químicas en alimentos.
saber
A23
2. Coñecer os conceptos definitorios dos contaminantes ou tóxicos naturais e antropoxénicos dos alimentos según a sua orixe e producción metabólica primaria ou secundaria.
saber
A23
3. Coñecer os principais aspectos epidemiolóxicos relacionados coa transmisión alimentaria de patóxenos humanos así como as rutas a través das cales os contaminantes químicos poden chegar ao ser humano e os niveis aos cales producen toxicidade.
saber
A23
4. Coñecer a resistencia dos diversos microorganismos e parasitos fronte os principais métodos de procesado e conservación dos alimentos.
saber
A22
A23
5. Coñecer, valorar e adquirir destrezas e habilidades en relación coa metodoloxía analítica máis avanzada empregada na detección, caracterización e/ou cuantificación de microorganismos, parasitos e substancias tóxicas presentes en alimentos
saber
saber facer
A23
6. Coñecer as bases para a avaliación, xestión e comunicación dos riscos alimentarios.
saber
A22
A25
7. Coñecer e manexar os protocolos de control de calidade, control de puntos críticos e trazabilidade nas industrias alimentarias.
saber
saber facer
A12
A22
A25
8. Manexar a lexislación básica relacionada có control dos riscos biolóxicos e químicos na industria alimentaria.
saber facer
A18
A19
9. Entender o interese, as vantaxes e a necesidade de traballar en equipos multidisciplinais, organizando e planificando adecuadamente os recursos, no que se refire a hixiene e seguridade alimentaria, e promover dito traballo
saber facer
Saber estar / ser
B2
B9
10. Promover o uso de metodoloxías analíticas respetuosas co medio ambiente e cos organismos que o integran, e o razoamento crítico e a ética profesional no campo da hixiene e seguridade alimentaria
saber facer
B10
B11
B15
11. Promover a capacidade de liderado, de aprendizaxe autónoma e de adaptación a novas situacións, e entender a importancia da coordinación no campo do análise e xestión dos riscos alimentarios e da seguridade alimentaria e trazabilidade
saber facer
Saber estar / ser
B12
B13
B14
12. Promover a capacidade de xestión da información relacionada coa hixiene e seguridade alimentaria e a transmisión e comunicación eficaz da mesma
saber facer
Saber estar / ser
B1
B3
B6
B7
B8
13. Promover a capacidade para identificar problemas e buscar solucións así como para planificar e elaborar estudios técnicos dentro do ámbito da hixiene e seguridade alimentaria
saber facer
Saber estar / ser
B4
B5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000