Guia docente 2010_11
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Enxeñería Xenética e Transxénesis
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 CEC1.- Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais, así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxica (aplicada).
A2 CEC2.- Ter unha visión integrada do metabolismo e do control da expresión xénica para poder abordar a súa manipulación.
A3 CEC3.- Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica.
A4 CEC4.- Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular.
A5 CEC5.- Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
B1 CGI1.- Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
B2 CGI2.- Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
B3 CGI3.- Capacidade de xestión da información (con apoio das tecnoloxías da información e as comunicacións).
B4 CGI4.- Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
B5 CGI5.- Capacidade para identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
B6 CGI6.- Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
B7 CGI7.- Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que expón a biotecnoloxía.
B8 CGI8.- Capacidade para lograr unha comunicación eficaz coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
B9 CGIP1.- Capacidade de traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
B10 CGIP2.- Capacidade de traballo nun contexto de sustentabilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio e polos diferentes organismos que o integran, así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
B11 CGIP3.- Razoamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
B12 CGS1.- Adaptación a novas situacións legais ou novidades tecnolóxicas, así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
B13 CGS2.- Aprendizaxe autónoma.
B14 CGS3.- Liderado e capacidade de coordinación.
B15 CGS4.- Sensibilización cara á calidade, o respecto ambiental, o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000