Prácticas de laboratorio |
Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, así como a execución da manobra e por outra parte a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. As prácticas de laboratorio faranse por grupo no laboratorio de Fisioterapia indicado polo profesor. |
Presentacións/exposicións |
Exposición e defensa por parte do alumno ante o docente e os estudantes do traballo tutelado.
|