Educational guide 2010_11
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos videográficos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A avaliación é continua durante o transcurso da materia. Valóranse, en especial, os seguintes aspectos: nivel de implicación persoal e investigadora no proxecto que se vai realizar; obtención de resultados efectivos e acordes á idea do proxecto; participación activa e seguimento da materia, así como a actitude no taller e a asistencia; manexo experimental das ferramentas e software de creación; interese e criterio personalizado nas distintas actividades de estudo, creación, participación e análise da materia.
Estipularase unha data final de entrega do traballo e, a continuación, a publicación da súa cualificación final.

Se a cualificación do traballo de aula acada o nivel de aprobado, será ponderada segundo o seu tanto por cento de valor, xunto á obtida co traballo tutelado e conformará así a cualificación final da materia.

Se o alumno non consegue superar o nivel de aprobado e non realiza a entrega do traballo de aula que se estipula como proxecto práctico da materia, optará a presentarse, para aprobar a materia, aos exames da convocatoria de xullo.
70%
Traballos tutelados A presentación do traballo tutelado (memoria do proxecto xunto co traballo de documentación), ao final do cuadrimestre (estipularase unha data final de entrega), é obrigatoria para todo o alumnado.
Valorarase: a documentación manexada; as conclusións alcanzadas e a súa formalización no proxecto audiovisual multimedia da materia (traballo de aula); a elaboración dunha estrutura textual (estilo de escritura, argumentación e organización do texto, vocabulario e ortografía) de calidade. A achega de material gráfico e a presentación (maquetación e deseño).

A non presentación do traballo teórico escrito (traballo tutelado) restará o 30% á cualificación obtida no traballo de aula.
30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Segunda convocatoria (Xullo):


O alumnado deberá presentar un proxecto audiovisual
propio (obra final), segundo os mesmos parámetros que se transmitiron e
impartiron na materia. Este proxecto deberá realizarse ata a data da
convocatoria baixo titorización dalgún ou todos os docentes da materia e,
polo tanto, os profesores deberán coñecer o proceso de realización deste
traballo e saber que será presentado como resultado para avaliar na segunda
convocatoria da materia (xullo). Para isto, o alumnado deberá manter
contacto, nos horarios de titorías que se estipulen, cos profesores
implicados.


Xunto co proxecto audiovisual (obra final), o alumno
deberá presentar unha memoria do proxecto, ademais dun traballo de documentación
do tema que aborde e sirva como base de investigación do seu proxecto,
segundo o mesmo tipo de guión que previu que se estipulase na materia.


A cualificación obtida como nota final da materia
valorarase da seguinte maneira: proxecto audiovisual (70%); memoria do
proxecto+traballo de documentación (30%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000