Educational guide 2010_11
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clase maxistral con posible apoio multimedia. Concatenación da teoría coa práctica: temas teóricos e exercicios prácticos. Lección maxistral, exposición de contidos e demostracións prácticas por parte do profesor. Recursos de visualización de imaxes e procesos. Observación directa de traballos realizados por alumnos de cursos anteriores. Análises de imaxes reproducidas tanto en libros ou revistas como en diferentes medios audiovisuais.
Proxectos O estudante, de maneira individual ou en grupo, traballa no desenvolvemento do proxecto e presenta o resultado do seu traballo ante o profesor e un grupo de estudantes. Desenvolvemento do proxecto: definición; concreción do marco conceptual do proxecto de libro de artista; revisión e cualificación do proxecto teórico que se vai desenvolver durante o cuadrimestre; bosquexos, esquemas, secuencia, presentación de estrutura, partes do libro e retícula; presentación e defensa do proxecto en público empregando un modelo de presentación audiovisual ou informático; exposición dos traballos teóricos e prácticos de clase; aprobación e posta en acción do proxectado; produción e elaboración física; elaboración de memoria xustificativa teórica; defensa final e entrega do proxecto.
Prácticas de laboratorio Os estudantes traballan individualmente ou en grupo baixo supervisión do profesor. Exercicios prácticos de aprendizaxe de subtemas. Titorías e correccións. Elección progresiva: ofrecerlle ao alumno a posibilidade de elixir diferentes opcións de traballo en función dos seus intereses, preferencias, capacidades, etc. Consideración de ritmo e metodoloxía de traballo persoal. Orientación crítica do traballo que se estea a realizar respectando o desenvolvemento creativo persoal.
Seminarios Cursiño de curta duración cun sistema de traballo cunha forte carga práctica a cargo dun profesor ou un especialista invitado ad-hoc.: toma de contacto con profesionais do ámbito, invitados nacionais ou estranxeiros para ver en que e como se está a traballar dunha maneira práctica no campo das creacións de obra múltiple editorial. Charlas-coloquio, entrevistas a artistas, conferencias, seminarios, etc.
Saídas de estudo/prácticas de campo Un grupo de estudantes realiza unha saída fóra do centro xunto cun profesor. Visitas a exposicións, museos, institucións, empresas, etc. Visitas a outros centros de ensino ou laborais (imprentas industriais). Organización de actividades en colaboración con outras institucións, por exemplo, avaliación dalgún exercicio por parte dun museo, entendidos, críticos, galeristas, deseñadores, etc. Visitas a exposicións ou feiras (ARCO, ESTAMPA,…).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000