Educational guide 2010_11
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDO XERAL: dado o carácter multidisciplinar desta materia e a transversalidade que require, establécense dous grandes bloques de traballo. Impartiranse contidos teórico-prácticos relacionados e en continuo diálogo co proxecto global: o libro de artista. 1. CONTIDO TEMÁTICO.
Historia do deseño: o libro, a publicación, o libro de artista. Elementos e recursos de deseño gráfico. Tipografía. Maqueta e retícula. Imaxe. Ilustración. Fotografía. Materiais: o papel. A encadernación/presentación. Materialización/impresión: gráfica industrial. Técnicas gráficas artísticas. Impresión dixital. 2. CONTIDO DO PROXECTO.
A arte múltiple: do libro ilustrado ao concepto blogs. O libro como proxecto artístico total. Concepto/idea: narratividade e códigos visuais. Formato: dimensións e núm. Páxinas. Estrutura: secuencialidade, reticulación e lexibilidade. O ritmo: a verticalidade e a transversalidade. A compilación. A presentación: portada/cubertas/solapas. Función comunicativa. O obxecto: carpeta e caixa. A visualización e percepción do libro de artista: o consumo da obra múltiple.
Historia do deseño tipográfico aplicado á creación editorial. 1. Premodernidade industrial. Século XIX. 2. Modernidade estética. Vangardas históricas. 3. Tipografía humanista. 4. Modernidade universal. Estilo suízo internacional 5. Modernidade tardía. Anos 70 6. Posmodernidade 7. Época actual 8. Normativas e consellos na aplicación da tipografía.
Deseño editorial e o libro de artista. 1. Introdución histórica. 2. Estruturas e partes dunha publicación 3. Elementos de deseño na publicación 4. A retícula 5. Proceso de deseño 6. Presentación e produción.
Ilustración. 1. Principios de ilustración 2. Desenvolvemento do proxecto de ilustración conceptual para libro de artista.
Fotografía. 1. Introdución á análise da fotografía entendida como ferramenta expresiva e de comunicación dentro do libro-obxecto e da revista-obxecto 2. A linguaxe do fotográfico dentro do libro de artista: conceptos, creatividade e modos de expresión. 3. A imaxe analóxica e dixital, e a súa manipulación para crear un libro de artista 4. A imaxe dixital. RGB e CMYK. Modos de cor. Formatos dixitais e sistemas de compresión (TIFF, JPG, PNG, etc.) 5. Input da imaxe dixital. Escáneres e cámaras dixitais. Resolucións de entrada en relación cos formatos e as dimensións finais.
Gráfica. 1. Correspondencia entre técnica e proxecto. 2. Relacións de permeabilidade e absorción entre técnicas de gravado e estampaxe. 3. O gravado na fronteira. Tradición e transgresión. 4. Ready-made versus Papermaking. 5. Fanzine 6. Libro de artista.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000