Educational guide 2010_11
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Pintura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Consistirá na avaliación continua no transcurso da docencia da materia. Valoraranse os seguintes aspectos: a evolución persoal, os procesos de desenvolvemento coherente das problemáticas xurdidas a partir do encontro creativo coas premisas teóricas e máis cos soportes técnicos abordados, a participación activa e o seguimento da materia, así como a actitude no obradoiro relativa á asistencia, puntualidade e aceptación da normativa dos procesos propostos desde o profesorado.
O interese é o criterio personalizado nas diferentes actividades de estudo, creación, participación e análise da materia.
Realizarase unha parte importante da cualificación final a partir dos resultados acadados na entrega dos distintos traballos (prácticos e teóricos) estipulados ao comezo e no transcurso da materia.

Pruebas escritas (ensayo, pruebas objetivas, resolución de problemas, pruebas de respuesta breve, pruebas tipo test, etc.)
20

Trabajos
y proyectos 60
Resolución de problemas e/ou exercicios Atenderá ao apropiado nas respostas en tests e comentarios, así como á precisión no léxico e na capacidade argumental.
A avaliación considerará a asistencia aos visionados cinematográficos,audicións musicais, etc. pola incidencia que estes terán no alcance teórico da materia, e pola eventual aplicación en exercicios prácticos.
Asistencia y participación en comentarios 10
Debates Considerarase a pertinencia da participación nos debates, a achega de criterios fundamentados e a implicación. Participación en los debates 10%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Para se presentar á segunda
convocatoria é imprescindible achegar todos os traballos realizados ao
longo do curso e estar en disposición de dar resposta a algún test por
escrito no caso de non ter asistido aos controles teóricos, visionados
cinematográficos, etc. que eventualmente se fixeran no cuadrimestre.


 O exame propiamente dito terá
en conta o tempo de que dispón o alumno para a súa execución. Para axilizar o
seu desenvolvemento, o enunciado da proba pendurarase no taboleiro do curso,
polo menos, unha semana antes.


O alumno que non estea presente
quince minutos despois da hora establecida para o comezo do exame, será
considerado non presentado.


PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 14 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000