Prácticas de laboratorio |
Proxectos:
- Seguimento individual do proxecto en todas as súas fases dentro do marco conceptual da materia. (Ver metodoloxía).
- Tutelar e asesorar a súa investigación teórica e orientar a súa busca de referencias.
- Impulsar o alumno a formular os seus intereses artísticos e a desenvolver a súa propia linguaxe en relación coas outras materias do curso.
Prácticas de laboratorio
- Seguimento práctico personalizado para a produción do proxecto.
- Seguir a evolución teórico-práctica do proxecto, a súa planificación e a súa realización técnica ata a súa presentación final.
- Orientar e aconsellar na elección dos procedementos técnicos apropiados a cada proxecto e linguaxe persoal.
- Controlar o bo manexo das ferramentas e maquinaria para unha aplicación óptima dos procesos.
- Fomentar e encamiñar a capacidade de exploración e experimentación do alumno.
|
|