Classroom work |
Os alumnos resolverán os exercicios formulados na sesión maxistral principalmente no obradoiro da materia, co seguimento constante da profesora nas horas presenciais e de forma autónoma nas non presenciais. Tecnicamente, os exercicios implicarán a práctica da pintura, a fotografía e a infografía, aínda que tamén se abordará o manexo dos obxectos e os seus contextos. |