Os alumnos matriculados nesta materia usaron a cámara fotográfica en diferentes contextos, mais moitos no teñen cursado nengunha materia que abordase a fotografía, tanto no que se refire a práctica como a unha mínima reflexión sobre o medio. Por este motivo, nesta materia partirase de cero.
A materia será enfocada dende un punto de vista eminentemente práctico, aínda que se provocará a reflexión sobre o medio fotográfico, presentándoo como un medio de expresión, polo que se fará fincapé e se resaltar· o carácter subxectivo do acto fotográfico destruíndo, polo tanto, a idea de reprodución obxectiva que frecuentemente se lle atribue e que o reduce dunha maneira simplista a reprodución mecánica da realidade.