Traballos tutelados |
A dita actividade académica desenvólvese de maneira individual ou en pequeno grupo coa finalidade de atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa elaboración do proxecto individual, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade realizarase na aula (cando se trate de contidos da materia ou de interese xeral) e no espazo e tempo dedicado ás titorías, sempre que a dimensión do asunto que se vai tratar estea relacionada con cuestións xerais da aprendizaxe. |
|