A materia “Proxectos de Deseño” basearase no desenvolvemento da capacidade creadora do alumno a través da realización de proxectos prácticos dentro da disciplina do deseño gráfico.
De forma paralela ao descubrimento, coñecemento e experimentación das técnicas e das teorías do deseño, o alumno deberá por de relevo os seus intereses artísticos e traballar na procura da súa idea e desenvolvemento da súa propia linguaxe a través dos medios que se lle ofrecen con profesionalidade.