Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos De Debuxo E Pintura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Contol de asistencia.
Traballos de aula Control de asistencia. Seguimento do traballo, revisións continuadas.
Presentación, desenvolvemento e coherencia do proxecto persoal.
Resolución técnica dos traballos.
Nivel de autocrítica e análise.
Afondamento e implicación no proxecto.
Asimilación dos conceptos vertidos nas clases maxistrais.
Disposición investigadora e experimental. Interese por ampliar coñecementos (visitas a exposicións, lectura da bibliografía).
70%
Traballos tutelados Nivel de análise.
Asimilación e afondamento nos contidos da materia.
Puntualidade na entrega.
5%
Metodoloxías integradas Aprendizaxe colaborativa: nivel de análise. Participación activa. Colaboración ao debate. Asistencia.

Proxecto simulado: análise e valoración do espazo a intervir. Diálogo e integración da obra ao lugar. Adecuación dos medios, recursos e estratexias ás necesidades da intervención. Coherencia co proxecto persoal. Claridade no desenvolvemento. Puntualidade na entrega.
10%
Outras Exposición final da obra realizada (na aula/obradoiro). Defensa oral do proxecto.

Interese e achegas do proxecto. Evolución. Nivel de análise. Capacidade autocrítica. Capacidade de síntese.
15%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Máis de dúas faltas de asistencia  (sen
xustificar) ás clases maxistrais equivalen a un non presentado na nota final.


Máis de tres faltas de asistencia (sen xustificar)
ao obradoiro equivalen a un non
presentado
na nota final.


É obrigatoria a realización de todos os traballos
(traballo tutelado, proxecto simulado, exercicio de colaboración, exposición
final e defensa do proxecto) para optar ao aprobado.


Os estudantes de segunda convocatoria presentarán todos
os traballos sinalados, excepto o exercicio de colaboración, que será
substituído por unha proba escrita.


Datas das probas de avaliación, presentacións finais e
defensa de proxecto:


GRUPO P1: mércores, 27 de xaneiro. GRUPO P2:
xoves, 21 de xaneiro (nos horarios de aulas)


PROBA DE AVALIACIÓN
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 6 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000