Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos De Debuxo E Pintura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora Mar Caldas dos contidos correspondentes ao BLOQUE I: bases teóricas e directrices para o desenvolvemento dun proxecto de pintura/debuxo.

Exposición por parte da profesora Almudena Fdez. Fariña dos contidos correspondentes ao BLOQUE II: formulación de novos conceptos para transgredir os límites das convencións impostas desde a tradición ao debuxo e á pintura.
Traballos de aula O traballo de aula/obradoiro é o eixo vertebrador da materia, é a base fundamental no desenvolvemento dun proxecto de pintura/debuxo. Os coñecementos adquiridos nas clases maxistrais (BLOQUE I e II) complétanse coa experiencia práctica e a reflexión individual do estudante no obradoiro (BLOQUE III). O traballo de aula/obradoiro desenvólvese maioritariamente en horas non presenciais; isto require unha actitude de implicación, constancia e compromiso real do alumno co seu traballo.
Traballos tutelados Elaboración dun documento redactado individualmente no que o estudante reflexiona a partir dos contidos expostos no BLOQUE I.
Metodoloxías integradas Aprendizaxe colaborativa: lectura individual de textos. Análise e reflexión colectiva. Redacción de conclusións por grupos e exposición destas conclusións.

Proxecto simulado (a partir dos contidos do BLOQUE II): desenvolvemento dun proxecto de pintura/debuxo para intervir un espazo real: galería, museo, institución, espazo urbano.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000