Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, Mediación E Educación Artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Metodoloxías integradas
Observarase e valorarase a actitude de colaboración e participación, a organización entre os alumnos e a empregada nos traballos presentados. Isto conforma unha parte fundamental no proceso de aprendizaxe.
Teranse en conta as competencias adquiridas a través do desenvolvemento dos tres proxectos e da realización dos tres prototipos cos seus programas e informes de avaliación.
O resultado do traballo autónomo e do traballo na aula quedará reflectido nos dossiers.
25%
Obradoiros Observarase a diversidade de solucións e a riqueza na resolución de problemas. Tomaranse notas do proceso.
Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers.
25%
Saídas de estudo/prácticas de campo Valorarase o informe emitido, froito da experiencia práctica e do debate.
Todo iso terá que estar reflectido nos dossiers.
10%
Cartafol/dossier Na primeira convocatoria, presentaranse tres dossiers como documento dos tres proxectos desenvolvidos ao longo do cuadrimestre.
Nestes tres documentos, poderemos valorar os traballos realizados polos alumnos nas distintas actividades programadas: estudo e análise das situacións, toma de decisións, obradoiros, proposta de traballo, programa de avaliación e informe de efectividade do prototipo deseñado.
Valoraranse a estrutura, a secuencia e os recursos que se utilicen para reflectir mellor o proceso creativo.
As ilustracións, a maquetación e a presentación de cada dossier teñen que ser coherentes co contido, xa que son parte da comunicación de ideas.
10%
Probas de resposta curta Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, o profesor formula cuestións oportunas coa intención de valorar que é o que sabe e que é o que debe saber o alumno.
Non só teremos información sobre os coñecementos significativos do alumno, senón que empregaremos esta información como recurso para que o alumno sintetice as súas ideas.
Estas conclusións tamén se verán reflectidas no dossier.
5%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





O criterio de valoración está
definido polas competencias específicas que esta materia propón que acaden os
alumnos.


As horas presenciais teñen que
cumprirse.


 Coas técnicas educativas que
se aplicarán, é imprescindible que o alumno participe na súa aprendizaxe e
que o profesor o dirixa e estimule.


 Cada tanto, pasarase un folio
co nome da materia e a data, para que o alumno confirme a súa presenza. Isto
terase en conta.


Na segunda convocatoria, poderán
presentarse os alumnos que, tendo asistido
a clase
, polas razóns que sexan, non presentaronalgunha documentación ou algún dos dossiers ao terminar o período lectivo. Estes alumnos terán a
oportunidade de completar a entrega na data que se aprobe en Xunta de
Facultade.


PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 14 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000