Prácticas de laboratorio |
Descrición: aprendizaxe práctica, mediante a simulación de casos, do manexo das ferramentas de creación (hardware e software) implicadas na gravación, captura, edición e postprodución da imaxe e o son dixital. Modalidade: guiada. Presenza do/a docente e presenza obrigatoria do alumnado: a asistencia será controlada mediante sinatura. Escenario: laboratorio de audiovisuais. |
Traballos de aula |
Descrición: o alumnado, individualmente ou en grupo (5 alumnos máximo), desenvolve na aula o deseño e a realización, como obra final, dun proxecto experimental de creación audiovisual relacionado con algún dos xéneros ou problemáticas audiovisuais desenvolvidos na materia. Modalidade: guiada, con seguimento do traballo e avaliación (tanto durante o proceso como no resultado final) e vinculado ao seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. A asistencia do alumnado será controlada mediante sinatura.
|