Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte, Linguaxe E Representación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliarase a capacidade do alumno para ler as imaxes que nos rodean e propoñer algunhas propias.
Avaliaranse, así mesmo, os coñecementos de semiótica, cultura visual e Historia da Arte impartidos nas sesións maxistrais.
15%
Traballos de aula Avaliarase a progresiva capacidade do alumno para construír imaxes que respondan a un propósito comunicativo concreto e que non sexan obvias nin crípticas.
Avaliarase a adquisición de destrezas na práctica dos procedementos artísticos empregados.
Avaliaranse os resultados dos exercicios desenvolvidos nos obradoiros, tanto nos aspectos formais como discursivos.
85%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Terase moi especialmente en conta a
asistencia a clase, que expresa con claridade a implicación e o compromiso
dos alumnos.


Na segunda convocatoria
entregaranse, correctamente realizados, todos os exercicios suspensos ou non
presentados que se propuxeron na materia durante o cuadrimestre.


PROBA
DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 2 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS








 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000