Os alumnos matriculados nesta materia usaron a cámara fotográfica en diferentes contextos, mais moitos no teñen cursado ningunha materia que abordase a fotografía, tanto no que se refire á práctica como a unha mínima reflexión sobre o medio. Por este motivo, nesta materia partirase de cero.
A materia será enfocada desde un punto de vista eminentemente práctico, aínda que se provocará a reflexión sobre o medio fotográfico, presentándoo como un medio de expresión, polo que se fará fincapé e se resaltará o carácter subxectivo do acto fotográfico destruíndo, polo tanto, a idea de reprodución obxectiva que frecuentemente se lle atribúe e que o reduce dunha maneira simplista á reprodución mecánica da realidade.