Debates |
Nestes debates compártense as lecturas realizadas durante o curso. Contribución oral/ escrita por parte do estudante acerca da selección particular de libros, catálogos e textos escollidos. Trátase de buscar recursos e fontes diversas para a investigación das cuestións esenciais do debuxo, como por exemplo sucede nos libros de cartografía, radiografía, fotografía, skiagrafía, caligrafía, micrografía…porque o debuxo está na base de moitas materias.
|
Presentacións/exposicións |
Presentación final que fai o estudante dos traballos de aprendizaxe autónoma. A través dunha breve exposición manifesta os seus obxectivos, metodoloxía e resultados ante o profesor e o resto dos estudantes. É o momento para presentar a colección de formas e estruturas, os traballos que quedan pendentes de revisión e o dossier final. |