Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Expresión Artística. Debuxo-Forma
   Contidos
Tema Subtema
1. Maneiras de ver



O debuxo como instrumento de percepción e rexistro do pensamento. O debuxo como maneira de ver a forma. Cuestión de enfoque / desenfoque, continuidade / descontinuidade, axuste formal / desaxuste en anamorfose.
2. Morfoloxía e morfoxénese. Creación / colección de formas e estruturas. Representación / presentación de formas e espazos reais ou imaxinarios. Espazos de figuración e abstracción.
3. Composición e estrutura Equilibrio e tensión dinámica en composicións e estruturas. Sentido do ritmo e movemento na relación entre liñas, manchas e espazos en branco. Cada parte en relación ao todo. Correspondencia fondo-figura. Volume e profundidade, baleiro e desmaterialización.
4. Debuxo bidimensional e tridimensional Formas e espazos tradicionais e contemporáneos.
5. Economía de medios, inminencia O debuxo como proxecto, proceso e resultado na creación artística.
6. O debuxo como límite e percorrido Debuxos onde se perfila o contorno de algo, o seu dintorno, o seu diagrama, a súa estrutura, a súa radiografía, a súa sombra, o seu prego, a súa pegada.
7. Precisión e imprecisión de contornos. Garabatos (revolver de liñas) ou a busca do contorno único.
8. O debuxo e a escritura Desde a súa raíz etimolóxica «grafos», o debuxo en relación á cartografía, radiografía, skiagrafía (debuxo de sombras).
9. Maneiras de debuxar. As formas debuxan O debuxo como rabuñada (Vasari), rede de liñas (Moholy-Nagy), trazados como raios x (J. Hejduk), danza (Paul Valery, Degas Danse Dessin)
10. O erro como descubrimento O debuxo como rexistro de vacilacións e arrepentimentos. Raspóns, borróns, tenteos, emendas en Ingres, Botticelli, Miguel Ángel, Twombly ou Robert Kosuth.
11. Debuxo = Materia O concepto dun debuxo depende da materia coa que se fai. Debuxos de John Baldessari en colaboración co aire, solarizacións de Man Ray, Earthworks e a liña espesa que percorre a paisaxe en R. Smithson, debuxos sobre a parede de Sol Lewitt e outras materias coas que se traballan as ideas: Yves Klein con lume, Lucio Fontana con coitelos, Richard Long con pedras, Pedro Mora con ovos de bolboreta e Dokoupil con fume. Debuxos permanentes e efémeros.
12. Xeodesia e curvas de nivel Procesos de sedimentación do debuxo/forma. Estratificación de varias capas e curvas de nivel. Noción de palimpsesto. Procesos de subtracción, adición e superposición.
13. Máquinas e artefactos para debuxar. Da fiestra de Alberti á cámara lúcida. Sobre as diversas maneiras de debuxar en relación á multiplicidade de trazadores e maneiras de ver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000