O Traballo Fin de Grao (TFG) é unha materia de carácter obrigatorio. Permitirá ao alumnado mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e os contidos formativos asociados ao título de Grao en Educación Infantil. Para poder cursar esta materia será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.