Recoméndase:
- A asistencia continuada ás clases presenciais.
- A participación e a realización das tarefas prácticas que se propoñan.
- A dedicación responsábel e con rigor ao estudo da materia.
- O estudo continuado da materia.
- A lectura reflexiva, reparando no uso da linguaxe.
- A práctica da expresión oral para desenvolver a fluidez e corrección.
* O rendemento depende do estudo continuado da materia. É case imposible asimilar toda a materia mediante o estudo intensivo ao final do curso académico.
* Os alumnos, para a aprendizaxe significativa, deben realizar individualmente os exercicios que propón o profesor.
* É moi conveniente que as lecturas se fagan de forma reflexiva, reparando no uso da linguaxe.
|