Traballo tutelado |
Elaboración grupal de dúas programacións didácticas, fundamentadas e ben planificadas, que recollan os conceptos básicos da asignatura atendendo ao curriculum establecido para a etapa infantil, que se complementará cunha exposición na data e termos determinados pola docente ao longo do cuadrimestre. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B9 B11 B12
|
C1 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C19 C20 C21 C22 C23 C24 C25 C27 C28 C29 C30 C31 C33 C55 C59 C60 C61 C62 C64 C65 C66
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D13 D15 D16 D17
|
Resolución de problemas |
Realización de exercicios prácticos e resolución de tarefas, análise de casos, propostas metodolóxicas e deseño de actividades.
Terase en conta a resolución satisfactoria das propostas, a participación activa, actitude e aproveitamento do alumno/a no desempeño das diferentes actividades propostas pola docente. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C1 C3 C4
|
D1 D2 D3 D4
|
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados, pero terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será cualificado cun 0. |