Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sistemas de información en entornos biomédicos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES
===============================================

* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Para a materia utilízanse a lección maxistral, as prácticas de laboratorio e o estudo de caso. Estas metodoloxías seguirán sendo válidas pero apoiadas por servizos, tales como Campus Remoto, Moovi, e outros que a Universidade de Vigo teña dispoñibles nese momento e poña ó alcance do alumnado e do profesorado.

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non é necesario modificar ningunha metodoloxía docente porque todas elas pódense adaptar á docencia non presencial ou mixta, de ser o caso.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
O profesor porá en coñecemento do alumnado os distintos medios para establecer unha canle de comunicacións entre ambos. Estes métodos poden ser o correo electrónico, o despacho virtual do profesor, foros, etc.
Toda esta información estará sempre a dispoñibilidade do alumnado debidamente publicada.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:
A bibliografía porase desde o arranque do curso ao alcance do alumnado para que seleccione os recursos que máis lle facilitan a súa aprendizaxe: manuais, exercicios resoltos, vídeos de terceiros, vídeos propios, etc.
Non aplica bibliografía adicional.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
===============================================

Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización da proba final, no caso de ser necesario e, por indicación en resolución reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado

* Información adicional:
O contido da materia manterase inalterado, e buscaranse entre os distintos medios que a Universidade de Vigo poña ó noso alcance, aqueles que faciliten a transmisión de coñecementos e a súa debida avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000