Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Nanomedicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará unha serie de experimentos relacionados cos contidos da materia. 10 A5
B1
C34
D12
Presentación Presentación e discusión, por parte do alumnado, de publicación científicas previamente asignadas polo profesorado. 40 A5
B1
C9
D10
Exame de preguntas obxectivas A finalidade desta proba de resposta de desenvolvemento, que figura no calendario de exames da Escola, será avaliar o nivel de coñecementos alcanzado polo alumnado. A nota mínima necesaría que debe acadarse neste exame é 4,0. 40 A5
B1
C9
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado realizará un informe das prácticas realizadas no laboratorio. 10 A3
B1
C34
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- No exame de Xullo (2ª oportunidade) manterase a cualificación obtida polo alumnado na presentación e nas prácticas de laboratorio realizadas durante o período docente. Iso significa que o alumnado unicamente realizará a proba de preguntas obxectivas no devandito exame.

- Cando a Escola libere a unha alumna ou un alumno do proceso de avaliación continua, a súa cualificación será o 100% da nota obtida na proba de preguntas obxectivas anteriormente citada.

- Compromiso ético. Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que esa persoa non reúne os requisitos necesarios para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000