Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Deseño e fabricación de produtos e equipos biomédicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesión maxistral con participación activa dos estudantes. Cada unidade temática será presentada polo profesor empleando os recursos audiovisuales axeitados e complementada cos comentarios que os estudantes realicen en base á bibliografía recomendada ou ás ideas novedosas que poidan surdir.
Prácticas con apoio das TIC Proponse a realización dun traballo práctico consistente no desenvolvemento dun produto biomédico, a desenvolver ao longo do curso, que require de horas en casa ademais do apoio das sesións creativas en grupo e das titorías. O nivel de dificultade depende da elección do alumno en función da súa dispoñibilidade e ambición. Efectuaranse diversas entregas parciais durante o proceso seguido e finalmente a documentación completa do produto. Preferentemente orientarase ao desenvolvemento dun novo produto. Así mesmo, este proceso se complementará con prácticas no Laboratorio de Fabricación. Todos os pasos estarán coordinados polo profesor desde a elección inicial do traballo a realizar.
Traballo tutelado Tanto o traballo principal como cada unha das súas fases transcorrerán en contacto permanente entre os membros de cada grupo e a coordinación do profesor.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización en grupo, coa orientación do profesor e coa participación activa dos seus membros, dun proxecto de deseño dun produto biomédico e o máis próximo posible a un caso real.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000