Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Enxeñaría clínica e hospitalaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse 3 probas de igual peso (un 25%), unha por cada unha das partes nas que se divide a materia, que se desenvolverán dentro das horas de clase e debidamente programadas para que non interfiran co resto das materias. 75 B3
C25
C26
C28
D5
D7
D8
D16
D19
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliación Continua do traballo do alumno nas sesións prácticas das distintas partes da materia establecidas na materia ao longo do cuadrimestre. 25 B3
C25
C26
C28
D5
D7
D8
D16
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua:

Para superar a materia por Avaliación Continua deben
cumprirse os dous seguintes requisitos:

a) Asistir e realizar
con aproveitamento as prácticas da materia entregando aqueles traballos que se
propoñan durante a súa realización

A nota das prácticas terá un peso de 25%
sobre o total da avaliación.

Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A
nota de prácticas de cada alumno obterase da media das notas de prácticas.

As
sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Se a asistencia ás sesións de
prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero.

No caso de non
superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno terá que realizar un
exame da parte de prácticas na convocatoria final.

b) Dado que a materia está estruturada en 3 partes,
realizaranse 3 probas diferenciadas de igual peso, unha por cada parte cun peso
dun 25%, dentro do horario de clases.

A nota das tres partes terá un peso dun
75% sobre o total.

Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5
sobre 10 no global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota
inferior a 4 sobre 10. No caso de que en algures se obteña unha nota inferior
ao 4, aínda que a media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s
parte/s nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro.

Notas adicionais sobre a avaliación:

No caso de non superar
a materia por avaliación continua, teranse que recuperar aquelas partes non superadas
nas probas das convocatorias oficiais fixadas no calendario polo Centro.

No
caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua, o alumno terá que facer unha
proba de coñecemento relativa ás prácticas (25%) e outra proba relativa ás tres
partes en que se divide a materia (75%). Neste caso, de igual maneira, para
superar a materia debe aprobar a parte de prácticas e na proba das tres partes
obter unha media igual ou superior a 5 sen que en ningunha das partes de obteña
menos dun 4. Cando a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das
partes non se chegou ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5

Compromiso
ético
: espérase
que o estudante exhiba un comportamento ético apropiado. No caso de detectar comportamentos
pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e
outros) considerarase que o estudante non cumpre cos requisitos necesarios para
aprobar a materia. Neste caso, suspenderase a cualificación xeral no ano académico
actual (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000