Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Bioestatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas AVALIACIÓN CONTINUA. Ao longo do curso realizaranse catro probas de seguimento, cada unha delas cunha valoración dun 15% da cualificación final. 60 B3
C24
D1
D2
D5
D6
D9
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento AVALIACIÓN CONTINUA. Proba final sobre os contidos da materia. 40 B3
C24
D1
D2
D5
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación global: 

Exame escrito con preguntas de desenvolvemento e problemas sobre os contidos da materia na data oficial cunha valoración máxima de 10 puntos.

Segunda oportunidade: 

O alumnado deberá optar por unha das dúas alternativas seguintes: (a) manter as cualificacións obtidas nas catro probas de seguimento realizadas ao longo do curso (60% da cualificación) e repetir a proba final (40% da cualificación); ou ben, (b) realizar a proba de avaliación global que consiste nun exame escrito sobre os contidos da materia cunha valoración máxima de 10 puntos.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000