Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Mecánica de sólidos deformables en enxeñaría biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de problemas e/ou estudo de casos / análises de situacións a realizar de forma individualizada ou en grupo. 10 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D10
D16
D17
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando cumpra, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso. 5 B4
C14
D1
D2
D9
D10
D16
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Pregunta de desenvolvemento de conceptos integrada no exame final da materia. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación das competencias adquiridas na
materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves.
A duración das probas, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
Faranse varias probas de avaliación continua para que ningunha supere o 40% nas datas/horarios aprobados polo Centro
80 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.


O alumno que opte por avaliación global poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.

A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000