Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Estrutura e patoloxía médica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Avaliación Continua do traballo do alumno nas sesións prácticas establecidas na materia ao longo do cuadrimestre. 20 B3
C21
C30
C33
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Consistirá nun informe que entregará o alumnado sobre as prácticas a realizar ou ben se fará a valoración por o profesorado, en cada práctica, valorando tanto coñecementos coma actitude e interese do alumno. Cada profesor/a describirá a metodoloxía que levará a cabo neste punto, ao comezo do curso. 20 B3
C21
C30
C33
D1
D5
D7
D8
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse 4 probas de igual peso (un 15%), unha por cada unha das partes nas que se divide a materia, que se desenvolverán dentro das horas de clase e debidamente programadas para que non interfiran co resto das materias. 60 C21
C30
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación Continua:
Para superar a materia por Avaliación Continua deben cumprirse os dous
seguintes requisitos:

a) Asistir e realizar con aproveitamento as prácticas da materia
entregando aqueles traballos que se propoñan durante a súa realización

A nota das prácticas terá un peso de 20% sobre o total da avaliación.


Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A nota de prácticas de
cada alumno obterase da media das notas de prácticas.

As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero.

Se a asistencia ás
sesións de prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero.

Ademais, deberase realizar a entrega de in informe de
prácticas co traballo desenvolvido nas mesmas. O peso deste informe de
prácticas será dun 20%. No caso de non entregarse o informe de
practicas, non se considerará superada a parte práctica da materia.


No caso de non superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno
terá que realizar un exame da parte de prácticas na convocatoria final.

b) Dado que a materia está estruturada en 4 partes,
realizaranse 4 probas diferenciadas de igual peso, unha por cada parte ,
cun peso dun 15%, dentro do horario de clases .

A nota das 4 partes terá un peso dun 60% sobre o total.

Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5 sobre 10 no
global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota inferior
a 4 sobre 10.

No caso de que en algures se obteña unha nota inferior ao 4, aínda que a
media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s parte/s
nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro.

Notas adicionais sobre a avaliación:

No caso de non superar a materia por avaliación continua, teranse que
recuperar aquelas partes non superadas nas probas das convocatorias
oficiais fixadas no calendario polo Centro.

No caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua , o alumno terá que
facer unha proba de coñecemento relativa ás prácticas (40%) e outra
proba relativa ás partes en que se divide a materia (60%). Neste caso,
de igual maneira,para superar a materia debe aprobar a parte de
prácticas e na proba das 4 partes obter unha media igual ou superior a 5
sen que en ningunha das partes de obteña menos dun 4. Cando a nota
media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se chegou
ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5
Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0). 

Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000