Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 B3
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 50 B3
C2
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 30 B3
C2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 10 B3
C2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. AVALIACIÓN CONTINUA (EC)

Inclúe a cualificación ECA sobre os contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final, e a cualificación ECL sobre os contidos de laboratorio, cun peso do 20% da cualificación final: EC = ECA (80%) + ECL (20%).

A cualificación ECA obterase na oportunidade ordinaria mediante probas teórico-prácticas que se realizarán durante o curso, cun peso do 40% da cualificación final (cualificación ECC1), e unha proba final teórico-práctica, cun peso do 40% da cualificación final (cualificación ECF1). A oportunidade extraordinaria seguirá unha composición igual á ordinaria de xeito que haberá dúas probas teórico-prácticas, ECC2 e ECF2, equivalentes en contidos e metodoloxía de avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento e problemas) a ECC1 e ECF1 respectivamente.

A cualificación ECL obterase mediante informes de prácticas, cun peso do 10% da cualificación final (cualificación ECLI), e probas teórico-prácticas, cun peso do 10% da cualificación final (cualificación ECLE). Para obter a cualificación ECL será necesario ter asistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, a cualificación ECL será 0,0.

Cualificación final EC da materia para a modalidade de avaliación continua:

- Oportunidade ordinaria: EC = ECC1 (40%) + ECF1 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).

- Oportunidade extraordinaria: EC = ECC2 (40%) + ECF2 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).

Na oportunidade extraordinaria, en cada parte ECC2 e ECF2 o estudante poderá optar entre manter a súa anterior cualificación da mesma parte, ECC1 e EFC1 respectivamente, ou realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.


2. AVALIACIÓN GLOBAL (EG)

Aqueles estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua terán a posibilidade de realizar un exame global escrito para obter unha cualificación EG que terá un peso do 100% da cualificación final e que incluirá as seguintes partes: unha parte teórico-práctica sobre contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGA1 na oportunidade ordinaria e EGA2 na extraordinaria), e unha parte teórico-práctica sobre contidos de laboratorio, cun peso do 20% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGL1 na oportunidade ordinaria e EGL2 na extraordinaria).

Cualificación final EG da materia para a modalidade de avaliación global:

- Oportunidade ordinaria: EG = EGA1 (80%) + EGL1 (20%).

- Oportunidade extraordinaria: EG = EGA2 (80%) + EGL2 (20%).

Na oportunidade extraordinaria, en cada parte EGA2 e EGL2 o estudante poderá optar entre manter a súa anterior cualificación da mesma parte, EGA1 e EGL1 respectivamente, ou realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.


3. AVALIACIÓN DE FIN DE CARREIRA (FC)

A avaliación da convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema que a avaliación global  EG.

Cualificación final FC da materia na convocatoria de fin de carreira:

FC = FCA (80%) + FCL (20%).


4. NORMAS XERAIS

Para superar a materia é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superior ou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10.

Dentro das especificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas e exames poderán ter diferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio.

Compromiso ético: Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000