Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistema para o deseño e desenvolvemento do produto
   Contidos
Tema Subtema
1. O desenvolvemento de novos produtos. 1.1. Conceptos, definicións e aspectos implicados.
1.2. O proceso de deseño. Etapas e características.
1.3. O ciclo de vida do produto.
1.4. A interacción do produto coa súa contorna.
1.5. Socioloxía do produto.
1.6. Proceso de desenvolvemento e enxeñaría do produto.
1.7. Leis fundamentais do deseño.
1.8. Fases a nivel de macroestructura e microestructura.
2. Técnicas creativas 2.1. Introdución. Principais técnicas creativas.
2.2. O Brainstorming e as súas variantes.
2.3. O TRIZ.
2.4. Pensamento lateral: técnicas de E. De Bono.
2.5. As analoxías e outras técnicas.
2.6. Aplicacións: sesións creativas.
2.7. Valoración de alternativas/conceptos.
3. Linguaxe do produto e linguaxe obxetual 3.1. Linguaxe e percepción.
3.2. Elementos da linguaxe gráfica/visual.
3.3. Linguaxe do produto.
3.4. A forma. Leis da composición.
3.5. Función simbólica. Función pragmática.
3.6. O deseño gráfico.
4. Tecnoloxías baseadas no computador (CAx) 4.1. Tecnoloxías que interveñen nas distintas etapas da vida dun produto (CAx).
4.2. Tecnoloxías CAD.
4.3. Tecnoloxías CAE.
4.3.1. Simulacións.
4.4. Tecnoloxías CAM.
5. Modelos e Prototipos 5.1. Tipos de Modelos. Clásicos, virtuais, realistas.
5.2. Modelos CAD 2D e 3D. Asociatividade na información.
5.3. Modelos para o cálculo automatizado.
5.4. Validación do deseño. Simulacións/Testing.
5.5. Elaboración de prototipos físicos mediante técnicas de fabricación aditiva.
6. Deseño paramétrico 6.1. Concepto e características.
6.2. Tipos de deseño CAD.
6.3. Parámetros e relacións.
6.4. Táboas de datos. Familias de obxectos.
7. Enxeñaría concorrente e sistemas intelixentes no deseño industrial 7.1. Introdución.
7.2. Características básicas
7.3. Criterios para unha contorna concorrente.
7.4. Deseño e desenvolvemento de produto en contornas de enxeñaría concorrente e de enxeñaría distribuída.
7.5. O campo da intelixencia artificial no deseño.
7.6. Os sistemas intelixentes.
7.6.1. Os modelos inferenciais.
7.6.2. Os sistemas expertos.
7.6.3. Os sistemas baseados en aprendizaxe estatístico.
7.6.4. Os algoritmos de optimización.
8. Despregamento da función de calidade (QFD) 8.1. Expectativas do cliente e calidade.
8.2. Calidade total.
8.3. Despregamento da función de calidade.
8.4. A casa da calidade
9. Metodoloxía proxectual 9.1. Factores.
9.2. Especificacións do produto (EDPs).
9.3. Prego de condicións (PDC)
9.4. Deseño conceptual e deseño de detalle.
9.5. Documentación.
9.6. Validación.
10. Xestión do deseño na empresa 10.1. O deseño na empresa.
10.2. Estratexias innovadoras. Novos desenvolvementos.
10.3. O deseño na organigrama da empresa.
10.4. Manual de xestión do deseño na empresa.
11. Xestión da información na empresa. Formatos de intercambio. 11.1. Xestión da información gráfica e control de revisións.
11.2. Sistemas de Xestión de Datos do Produto (PDM).
11.3. Xestión do ciclo de vida do produto. Sistemas PLM. Topoloxías, estándares e alternativas de interconexión.
11.4. Formatos estándar para gráficos CAD. ACIS, IGES, STEP e XML. Limitacións e recomendacións.
11.5 A pirámide CIM na empresa. Niveis e fluxo de información gráfica.
12. Documentación dos deseños 12.1. Contidos da Memoria Descritiva.
12.2. Outros documentos.
12.3. Elementos normalizados.
12.4. Listas de pezas.
12.5. Información en soporte dixital (2D e 3D).
13. Deseño, innovación e transferencia 13.1. Innovación e competitividade.
13.2. Estratexias competitivas.
13.3. A transferencia tecnolóxica.
PRÁCTICAS.
Deseño, desenvolvemento e proba de concepto dun produto industrial, a realizar durante as sesións de prácticas.
Nestas prácticas deberase definir un produto industrial que, en si mesmo ou nalgunhas das súas funcións características, presente unha novidade singular. Para iso primeiro deberase revisar a familia comercial e industrial do produto buscando, en distintas bases de datos, as variantes existentes do mesmo. Tras iso proporase unha mellora que deberá ser implementada a través dun proceso de deseño habitual xerando toda a documentación pertinente. Ademais, terase que construír tanto un prototipo virtual como físico do produto e levar a cabo probas conceptuais do mesmo. De igual modo tentarase integrar no proceso de deseño un sistema intelixente que optimice todo ou parte do proceso dunha forma concorrente.
1. Revisión da panorámica actual dentro do deseño industrial.
2. Elección do produto industrial a desenvolver. Definición do problema a resolver. Identificación dos factores de deseño relativos ao seu ciclo de vida.
3. Execución de sesións creativas mediante o uso de técnicas adecuadas. Avaliación e selección de ideas. Determinación do seu grao de inventiva e innovación.
4. Execución do proceso de deseño habitual estruturando as necesidades dos potenciais clientes, definindo os requirimentos técnicos do produto, identificando as súas funcións e elaborando unha análise funcional completo xunto co estudo da función de calidade (QFD).
5. Elaboración e documentación do modelo virtual e os planos de completa definición e fabricación.
6. Elaboración dun prototipo físico funcional.
7. Realización de probas conceptuais baseadas en simulacións.
8. Definición dun sistema intelixente de optimización de todo ou parte do proceso de deseño seguido.
9. Documentación e presentación do produto industrial desenvolvido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000