Educational guide 2025_26
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de teoría de circuítos e máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas EC1: Realizarase na data fixada pola EEI para as probas de EC. Avaliarase os contidos impartidos na aula/laboratorio até a data. Valoración 40% da Nota Final.
Nota mínima de 3 puntos sobre 10 para poder aprobar a materia por EC.
40 B3
C10
D2
D10
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas EC2: Realizarase na data fixada pola EEI para as probas de Evaluación Global. Avaliarase os contidos impartidos na aula/laboratorio e non incluídos na proba EC1 . Valoración 40% da Nota Final. Nota mínima de 3 puntos sobre 10 para poder aprobar a materia por EC. 40 B3
C10
D2
D10
D14
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Valorarase positivamente a realización dunha memoria de cada unha das prácticas realizadas no laboratorio de Teoría de Circuitos y/o Máquinas Eléctricas, que incluirá: obxectivos, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

No caso de non asistir a unha das prácticas, a nota nesa práctica será de cero puntos. A nota final de prácticas obterase como media aritmética das notas obtidas en cada unha das prácticas.
12 B3
C10
D2
D6
D10
D14
Traballo Co obxectivo de fortalecer a capacidade de comunicación e traballo en equipo, os estudantes deberán presentar un traballo en grupo que trate sobre os obxectivos, contidos, desenvolvementos e resultados obtidos nas dúas prácticas programadas, realizadas utilizando o programa MATLAB.

O traballo evalúa a labor en grupo dos estudantes en ambas prácticas en conxunto, por tanto a non asistencia a unha delas leva consigo unha nota de cero puntos no traballo.
8 B3
C10
D2
D6
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



AVALIACIÓN CONTÍNUA (EC).

Convocatoria da 1ª oportunidade

Xunto coa proba EC2, os alumnos que o desexen poderán realizar unha proba de recuperación do contido avaliado en EC1 ou conservar a nota obtida previamente.

A realización das practícas e presentación das memorias, forman parte do proceso de avaliación continua do alumno. Non obstante  os alumnos que non realicen as mesmas, ao longo do curso, ou desexen mellorar a nota obtida, poderán optar a realizar un exame escrito adicional con preguntas relativas ao desenvolvemento das prácticas e aos contidos docentes explicados durante as mesmas, realizadas no laboratorio de Teoría de Circuitos y/o Máquinas Eléctricas. A valoracion deste exame é do 12% da nota final, de igual forma que a avaliación continua.

Non é posible recuperar a proba de traballo en grupo cun exame.

Se o estudante obtivo alomenos 3 puntos sobre 10 tanto na proba EC1 como na EC2, o cálculo da nota final realizarase do seguinte xeito:

Nota Final 1ª oportunidade = ( Nota_EC1 + Nota_EC2 ) * 0.4 + Nota_ECL*  0.12 + Nota_ECT*0.08

onde, Nota_EC1, Nota_EC2,  Nota_ECL e Nota_ECT son, respectivamente, as notas das probas EC1, EC2, a nota de prácticas de laboratorio de Teoría de Circuitos e a nota do Traballo, avaliadas entre 0 e 10 puntos.

Dado que existe una nota mínima de tres puntos sobre 10 en EC1 y en EC2 para poder aprobar a materia, se o estudante NON obtivo ao menos 3 puntos sobre 10 tanto na proba EC1 como na EC2, o cálculo da nota final realizarase como no caso anterior, cunha nota máxima de 4,5 puntos (suspenso).

Na convocatoria da 2ª oportunidade, o alumno que non renuncie á EC poderá conservar a nota obtida en EC1, ou EC2 na 1ª oportunidade ou realizar unha proba de recuperación da parte ou partes que desexe. Se o estudante se presenta a algunha das probas na 2ª convocatoria, renuncia á nota obtida ao longo do curso en dita proba.

O cálculo da nota final, realízase da maneira idéntica á vista para a 1ª oportunidade

Para aprobar a materia, tanto na 1ª, coma na 2ª oportunidade,  a Nota Final deberá ser, polo menos, de 5.0 puntos.

Cada NOVA MATRÍCULA na materia supón unha posta a cero das cualificacións nas actividades de avaliación continua obtidas en cursos anteriores, coas seguintes excepcións: 

as prácticas e o traballo en grupo, que se recoñecerán unicamente no curso seguinte de habelas realizado, si o estudante solicítao e cumpre estas seguintes condiciones:

• O estudante realizou efectivamente as prácticas no laboratorio  e o traballo en grupo no curso anterior (non exame de prácticas nin recoñecidas de cursos anteriores) e

• O estudante obtivo unha nota de polo menos 5 puntos sobre 10, no curso anterior, tanto nas prácticas como no traballo en grupo.


AVALIACIÓN GLOBAL (EC).

Os alumnos que renuncien á avaliación continua, na datas establecidas pola EEI e figuren nas listas oficiais publicadas pola EEI , deberán realizar unha proba escrita EGA, con valoración do 80% da Nota Final na que se avalían os contidos impartidos nas clases de aula, e unha proba tamén escrita EGL cunha valoración do 20% da Nota Final que avaliará as competencias impartidas nas clases prácticas (prácticas de laboratorio de Teoría de Circuitos y prácticas de Matlab).

Nota Final 1ª oportunidade = Nota_EGA  * 0.8 + Nota_*EGL *  0.2

Na 2ª oportunidade de Xuño-Xullo, a avaliación farase da mesma maneira. Tense unha proba escrita EGA con valoración do 80% da Nota Final e unha proba EGL con valoración do 20% para avaliar os contidos impartidos nas prácticas.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne  os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso a calificación global no presente curso académico  será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación sen autorización expresa . O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no actual curso académico e a calificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000