Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Física III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50 B10
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor 40 B10
C2
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10 B10
C2
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Oportunidade ordinaria

1.1 Avaliación continua



- A cualificación final G0 resulta da cualificación de aula A0 (80%
da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da
cualificación de laboratorio L0 (20% da cualificación final), sobre os contidos
do Bloque III.

- A cualificación A0 componse da cualificación de aula C0 (40% da
cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas (preguntas
de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) a realizar durante
o curso, e da cualificación de aula F0 (40% da cualificación final), que se
obtén dunha proba final teórico-práctica que se celebrará o mesmo día que o
exame da oportunidade ordinaria.



- A cualificación L0 componse da cualificación L01 (10% da
cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas a realizar
durante o curso (preguntas de desenvolvemento e resolución
de problemas ou exercicios) sobre os contidos do Bloque III.1, e a
cualificación L02 (10% da cualificación final), que se obtén dun informe de
prácticas sobre os contidos do Bloque III.2. Só os alumnos que asistisen
regularmente ao laboratorio poden optar a unha cualificación L0 distinta de "0,0".



- A cualificación final da avaliación continua na oportunidade
ordinaria obtense como



G0 = A0 (80%) + L0 (20%) = C0 (40%) + F0 (40%) + L01 (10%) + L02 (10%)



- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter
unha cualificación final G0 igual ou superior a 5.

1.2 Avaliación global



- Aqueles estudantes que teñan concedida a renuncia á avaliación continua
na oportunidade ordinaria obterán o 100% da súa cualificación final G1 dun
exame correspondente á oportunidade ordinaria.



- A cualificación G1 resulta da cualificación de aula A1 (80% da
cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación
de laboratorio L1 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque
III.1.



- A cualificación A1 componse das cualificacións C1 (40% da
cualificación final) e F1 (40% da cualificación final), que se obteñen de
probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de
problemas ou exercicios).



- A cualificación L1 (20% da cualificación final) obtense dunha
proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e
resolución de problemas ou exercicios).



- A cualificación final da avaliación global na oportunidade
ordinaria obtense como


G1 = A1 (80%) + L1 (20%)= C1 (40%) + F1 (40%) + L1 (20%



- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter
unha cualificación final G1 igual ou superior a 5.

2. Oportunidade extraordinaria



- Todos os alumnos, tanto se teñen coma se non teñen concedida a
renuncia á avaliación continua, obterán o 100% da súa cualificación final G2
dun exame correspondente á oportunidade extraordinaria.



- A cualificación G2 resulta da cualificación de aula A2 (80% da
cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación
de laboratorio L2 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque
III.1.



- A cualificación A2 componse das cualificacións C2 (40% da
cualificación final) e F2 (40% da cualificación final), que se obteñen de
probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de
problemas ou exercicios).



- A cualificación L2 (20% da cualificación final) obtense dunha
proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas
ou exercicios).



- A cualificación final da avaliación continua ou da avaliación
global na oportunidade extraordinaria obtense como


G2 = A2 (80%) + L2 (20%)= C2 (40%) + F2 (40%) + L2 (20%)



- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter
unha cualificación final G2 igual ou superior a 5.

3. Características comúns e interconexión entre as alternativas de
avaliación



- Na avaliación continua e global correspondente ás oportunidades
ordinaria e extraordinaria que se definiron nas seccións anteriores, podemos
clasificar as cualificacións equivalentes entre si en tres grupos formados por
tres elementos cada un: as cualificacións de aula C0, C1 e C2, as
cualificacións de aula F0, F1 e F2 e as cualificacións de laboratorio L0, L1 e
L2. Se C é a cualificación válida máis recente das cualificacións
C0, C1 e C2, F é a cualificación válida máis recente das
cualificacións F0, F1 e F2 e L é a cualificación válida máis recente das cualificacións L0, L1 e L2, a cualificación
final G nas oportunidades ordinaria ou extraordinaria, sexa pola vía da
avaliación continua ou da avaliación global, obtense como



G =C(40%) + F (40%) + L(20%)



- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter
unha cualificación final G igual ou superior a 5 en calquera das alternativas de
avaliación.



- Para obter a cualificación final G2 na oportunidade
extraordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua, poderá
optar entre:

a) realizar a parte do exame da oportunidade
extraordinaria correspondente ás C2, F2 e/o L2, que se empregarán na fórmula da
cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2.

b) empregar a súa cualificación
válida máis recente de cada tipo (C0 ou C1, F0 ou F1 e/o L0 ou L1) para
substituír, respectivamente, ás cualificacións C2, F2 e/o L2 na fórmula da
cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2, non
respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade.

4. Convocatoria de fin de carreira



- A convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema de
avaliación que a oportunidade extraordinaria.



- A avaliación na convocatoria fin de carreira é completamente
independente das avaliacións na oportunidade ordinaria e na oportunidade
extraordinaria (en particular, non son de aplicación as características e
interconexións descritas na sección anterior).

5. Normas de avaliación complementarias



- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de
introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na
correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".



- As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas
conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia.



- As datas dos exames en cada convocatoria serán as asignadas pola
Dirección da E.E.I..

6. Compromiso ético



Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación final na
correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000