Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Instrumentación electrónica II Código V12G330V01921
Titulación
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Pastoriza Santos, Vicente
Correo-e vpastoriza@uvigo.es
Profesorado
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral O propósito principal desta materia é que o estudantado adquira os coñecementos necesarios acerca dos principios físicos e as técnicas que se aplican aos sensores utilizados polos sistemas de instrumentación electrónica para a medida de variables físicas; así como a caracterización da medida que proporciona un sensor mediante a súa curva de calibración e a súa incerteza de medida (avaliación da incerteza de medida). Outro aspecto importante é introducir ao estudantado no campo da instrumentación programable, e as redes de instrumentación máis relevantes tanto cableadas como sen fíos.
Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+Análise dos principais parámetros que caracterizan o comportamento dos sensores.
+Introdución á metroloxía. Avaliación da incerteza de medida.
+Principios físicos fundamentais que interveñen na comprensión dos diversos tipos de sensores.
+Aplicacións máis relevantes dos sensores nos diferentes ámbitos da instrumentación electrónica.
+Evolución da instrumentación electrónica programable. Estudo de arquitecturas e estándares. Ferramentas hardware e software. Necesidades actuais e perspectivas futuras.
+Evolución das redes de sensores. Características xerais. Estándares. Ferramentas de desenvolvemento.
O obxectivo fundamental da parte práctica da materia é que o alumnado adquira os coñecementos prácticos necesarios para abordar a realización dun sistema de medida completo, desde o sistema físico até a interface de usuario; así como a capacidade de deseño de sistemas de instrumentación programable e construción de aplicacións sinxelas con eles. Os puntos crave do traballo de laboratorio son:
+A metodoloxía a seguir para a medición de variables físicas e o cálculo de incertezas.
+A caracterización de transdutores.
+As topoloxías dos circuítos de acondicionamento.
+O axuste dos sinais acondicionados a un procesador dixital.
+As ferramentas informáticas de instrumentación para o acondicionamento dixital e as interfaces de usuario.
+As ferramentas informáticas para o deseño de sistemas de instrumentación programable.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000