Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Química: Química
   Contidos
Tema Subtema
1. Teoría Atómica e enlace químico 1.1 Teoría atómica:
As partículas do átomo: Electrón, protón e neutrón. Características do átomo: Número atómico e masa atómica. Isótopos. Estabilidade dos núcleos: Radioactividade natural e artificial. Evolución da teoría atómica

1.2. Enlace químico:
Definición de enlace. Enlace intramolecular: Enlace covalente e enlace iónico. Moléculas poliatómicas: hibridación e deslocalización de electróns. Enlace intermolecular: Tipos de forzas intermoleculares.
2. Estados de agregación: Sólidos, gases, líquidos puros e disolucións
2.1. Estado sólido:
Introdución ó estado sólido. Clasificación de sólidos: sólidos amorfos, cristais moleculares e cristais líquidos, cristais covalentes e cristais iónicos.

2.2. Estado gasoso:
Características dos gases. Gases ideais: Ecuación de estado. Gases reais: Ecuación de estado. Propiedades dos gases.

2.3. Estado líquido:
Características dos líquidos: propiedades físicas (densidade, tensión superficial e viscosidade). Cambios de estado. Diagrama de fases. Disolucións: propiedades coligativas
4.Equilibrio químico: en fase gasosa, ácido-base, redox, solubilidade
4.1. Equilibrio químico:
Concepto de Equilibrio. Constante de Equilibrio. Tipos de equilibrios. Principio de Le Chatelier.

4.2. Equilibrio ácido-base:
Definición de ácido e base. Autoionización do auga. Produto iónico. Concepto de pH e pOH. Fortaleza de ácidos e bases: Ácidos polipróticos. Anfóteros. Cálculo do pH. Valoracións ácido-base. Disolucións reguladoras.

4.3. Equilibrio redox:
Conceptos de oxidación, redución, axente oxidante e redutor. Axuste de reaccións redox en medio ácido e básico. Valoracións redox. Pilas electroquímicas: conceptos básicos e potencial redox. Termodinámica das reaccións electroquímicas: Enerxía de Gibbs e Potencial de cela. Ecuación de Nernst. Leis de Faraday.

4.4 Equilibrio de solubilidade:
Sales solubles: Hidrólise. Sales pouco solubles: solubilidade e produto de solubilidade. Factores que modifican a solubilidade. Precipitación fraccionada. Sales complexas: Definición, propiedades, disociación e importancia
5. Cinética química 5.1. Conceptos básicos:
Velocidade de reacción, orde de reacción, constante cinética, ecuación de velocidade.

5.2. Determinación da ecuación cinética dunha reacción:
Método das velocidades iniciais. Ecuacións integradas de velocidade.

5.3. Factores que modifican a velocidade dunha reacción.
6. Principios Básicos de Química Orgánica 6.1. Fundamentos de formulación orgánica e grupos funcionais:
6.1.1. Estrutura dos compostos orgánicos: Alcanos, alquenos e alquinos. Hidrocarburos aromáticos.
6.1.2. Alcois e fenois.
6.1.3. Éteres.
6.1.4. Aldehidos e cetonas.
6.1.5. Ésteres.
6.1.6. Ácidos carboxílicos e os seus derivados.
6.1.7. Aminas e nitrocompostos.
7. Principios Básicos de Química Inorgánica 7.1. Metalurxia e Química dos Metais:
Abundancia dos metais. Natureza do enlace metálico e propiedades. Teoría das bandas de condución: materiais condutores, semicondutores e supercondutores. Procesos metalúrxicos: ferro e aceiro.

7.2. Elementos non metálicos e os seus compostos:
Propiedades xerais dos non metais. Hidróxeno. Carbono. Nitróxeno e fósforo. Osíxeno e xofre. Os halóxenos.
8. Electroquímica Aplicada
8.1 Aplicacións da ecuación de Nernst: Determinación do pH, constante de equilibrio e produto de solubilidade.

8.2.Pilas electroquímicas: tipos de pilas. Celas de concentración. Condutividade eléctrica en electrólitos. Celas de electrólise.

8.3. Procesos industriais de electrólise: electrodeposición, electrometalurxia, electrólise cloro–sosa. Pilas de combustible.
9. Corrosión e Tratamento de Superficies 9.1. Principios básicos da corrosión: a pila de corrosión.
9.2. Corrosión de metais.
9.3. Velocidade de corrosión.
9.4. Tipos de corrosión.
9.5. Protección contra da corrosión:
Consideracións de deseño para a protección contra da corrosión, protección catódica (ánodos de sacrifico e corrente imposta), recubrimentos protectores. Galvanoplastia.
10. Sensores Electroquímicos 10.1. Fundamentos.
10.2. Tipoloxía e función.
10.3. Sensores de condutividade.
10.4. Sensores potenciométricos.
10.5. Electrodos selectivos de ións. Sensores de pH.
10.6. Sensores selectivos de gases disolvidos.
10.7. Electrodos selectivos de encimas: Biosensores.
10.8. Sensores amperométricos e voltamétricos.
10.9. Aplicacións de sensores: medicina, industria, monitorización ambiental.
11. Petróleo e Derivados: Petroquímica 11.1. Características físico-químicas do petróleo.
11.2. Características físico-químicas do gas natural.
11.3. Acondicionamento e usos do gas natural.
11.4 Perforación e extracción do cru de petróleo.
11.5. Fraccionamento do petróleo.
11.6. Craqueo, alquilación, reformado e isomerización de hidrocarburos.
11.7. Tratamento dos compostos sulfurosos e unidades de refino.
12. O Carbón: Carboquímica 12.1. Formación do carbón.
12.2. Tipos de carbóns e a súa constitución.
12.3. Aproveitamento tecnolóxico do carbón.
12.4. Piroxenación do carbón.
12.5. Hidroxenación do carbón.
12.6. Licuefacción directa do carbón; gasificación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000