A asignatura "Deseño e realización de campañas oceanográficas" impartirase desde as 4 áreas de coñecemento, onde cada unha de elas aporta a súa metodoloxía propia. O elevado custo dos Buques Oceanográficos fai que as campañas oceanográficas teñan que ser necesariamente interdisciplinares, e o seu deseño e execución debe realizarse desde a perspectiva da optimización dos recursos dispoñibles. A asignatura inclúe a realización dunha campaña oceanográfica, cuxa duración dependerá da disponibilidade orzamentaria e de barcos oceanográficos. Considérase un tempo mínimo de embarque de 2 días por alumno para poder asimilar as distintas metodoloxías de muestreo, toma de datos e técnicas instrumentais usuais en Oceanografía.
Esta asignatura impartirase con carácter anual, de xeito que se permita un deseño flexible en función da disponibilidade de buque oceanográfico. Dentro da súa planificación considerouse a posibilidade de que os alumnos poidan embarcarse noutras campañas de oportunidade que realicen investigadores e que poidan ofrecer prazas dispoñibles para docencia.