Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Cambio Global e Ecosistemas Mariños
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos conceptos mais relevantes da materia.
Seminario Traballo de carácter práctico guiado polo profesor. Pode ter carácter individual ou de grupo. A comunicación de traballos científicos en congresos internacionais
Resolución de problemas Resolución dun caso práctico: Impacto do cambio global na Ría de Vigo.
Prácticas de laboratorio Experimentación simulada en laboratorio.
1) Determinación de taxas metabólicas: produción primaria fitoplanctónica. Estimación de curvas fotosíntesis-irradiancia. 2) Técnicas estatísticas multivariantes: da visualización ao contraste de hipótese
Seminario Realizaranse tutorías en grupo para supervisar a realización do traballo que debe presentarse ao final da materia. Os alumnos deberán mostrar os avances realizados e discutir as súas propostas e as dos seus compañeiros baixo a supervisión do profesor.
Presentación Realizarase a exposición oral dun traballo de revisión sobre algún tema relacionado coa materia. A defensa do traballo constará de aproximadamente 15 min de presentación apoiada por soporte informático (i.e. power point) e tempo de debate de preguntas realizadas polo profesor e o resto de alumnos. Si o profesor considérao oportuno pódese requirir ao alumno que entregue copia do traballo escrito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000