Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Procesos Xeolóxicos en Márxenes e Concas Oceánicas
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Oceanografía Xeolóxica/V10M153V01CF104
 
Outros comentarios
Para aqueles alumnos que non se haxan graduado en Ciencias do Mar ou en Xeoloxía é fundamental cursar a materia de Oceanografía Xeolóxica. O alumno que o desexe poderáacudir a titorías personalizadas para resolver dúbidas. Para optimizar o tempo,é necesario que o alumno contacte co profesor con antelación suficiente. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio)encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/aalumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con estepropósito. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia duranteun curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expedientedisciplinario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000