Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Bioloxía: Bioloxía I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Bioloxía: Bioloxía I Código V10G061V01101
Titulacion
Grao en Ciencias do Mar
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía funcional e ciencias da saúde
Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Coordinador/a
Pasantes Ludeña, Juan José
Miguel Villegas, Encarnación de
Correo-e pasantes@uvigo.es
villegas@uvigo.es
Profesorado
Miguel Villegas, Encarnación de
Pasantes Ludeña, Juan José
Web
Descrición xeral Bioloxía I é unha das materias obrigatorias que se imparte no primeiro semestre do primeiro ano do Grao en Ciencias do Mar. Nesta disciplina expoñense os principios biolóxicos básicos asociados ao ámbito da bioloxía celular e da xenética, e profundizase:

1) na organización celular e tisular dos organismos vivos.
2) nas bases do seu desenvolvemento e da diferenciación celular.
3) na transmisión e caracterización do material hereditario.
4) nos aspectos básicos do proceso evolutivo e na orixe das especies.

No desenvolvemento da materia inclúense clases maxistrais e de laboratorio. Coas clases maxistrais preténdese enunciar e fixar no estudantado os conceptos básicos desta disciplina que se describen no apartado de obxectivos. As sesións de prácticas no laboratorio xunto coa posibilidade de realizar actividades tuteladas (foros, seminarios etc.) permitirán:

1) familiarizar ao alumnado coas técnicas histolóxicas básicas e coa identificación de mostras en microscopia óptica e electrónica.
2) resolver problemas prácticos vinculados ao campo da xenética e da bioloxía celular.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000