Avaliación continua:
Nas prácticas de laboratorio realizarase unha avaliación continua do traballo do alumnado ao longo das sesións establecidas no cuadrimestre, sendo a asistencia ás mesmas de carácter obrigatorio: é preciso asistir a todas as prácticas para poder optar a unha cualificación superior a 4 por avaliación continua. Poderanse esixir requisitos previos para a realización de cada práctica de laboratorio.
Nos exames de preguntas de desenvolvemento, que poderán incluír problemas e exercicios, poderase establecer unha puntuación mínima en cada un dos bloques principais da materia (automatización e control), non inferior en ningún caso a 3 puntos sobre 10. No caso de non alcanzar dita puntuación mínima nalgún dos bloques, a cualificación do exame non poderá ser superior a 4.
En avaliación continua, primeira oportunidade, téñense en conta os resultados das prácticas de laboratorio (25%) e das 2 probas recollidas na táboa anterior (37.5% cada unha). Para poder aprobar a materia, deberase alcanzar unha cualificación mínima en cada parte (maior que 4 sobre 10). De non alcanzar dita cualificación nalgunha das partes, a cualificación final non poderá ser superior a 4.5.
En avaliación continua, segunda oportunidade, o exame (que incluirá exercicios prácticos) dividirase en 3 partes:
- Temas 1 a 3 (37,5% da nota final)
- Temas 4 a 6 (37,5% da nota final)
- Prácticas de laboratorio (25% da nota final).
Aquelas partes que fosen superadas cunha nota mínima de 5 sobre 10 na avaliación continua (primeira oportunidade) non terán que realizarse na segunda oportunidade, manténdose nese caso a nota obtida na proba correspondente. Para poder aprobar a materia, deberase alcanzar unha cualificación mínima en cada parte (maior que 4 sobre 10). De non alcanzar dita cualificación nalgunha das partes, a cualificación final non poderá ser superior a 4.5.
En avaliación global, o exame final terá dúas partes: un exame de conceptos teórico-prácticos (cun peso do 75% sobre a nota global) e exercicios de resolución de casos prácticos (cun peso do 25% sobre a nota global). Para poder aprobar a materia, deberase alcanzar unha cualificación mínima en cada parte (maior que 4 sobre 10). De non alcanzar dita cualificación nalgunha das partes, a cualificación final non poderá ser superior a 4.5.
Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:
Poderanse expor actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente. |