Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Seguridade e saúde
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Exporanse os estudos en investigación, desenvolvemento e innovación máis actuais no ámbito da prevención dos riscos laborais a nivel nacional e internacional.
Estudo de casos Nos seminarios proporanse supostos sobre a xestión de prevención de riscos laborais en empresas mineiras e do sector da construción. Abordaranse os problemas do día a día dunha empresa en materia de prevención de riscos laborais.
Traballo tutelado Exporanse exercicios prácticos e teóricos sobre:
-Investigación de accidentes e inspeccións de seguridade
-Elaboracións de Plan de prevención, Estudos de seguridade e Documentos de seguridade e saúde.
-Cálculo de custos dos accidentes acaecidos nunha empresa.
-Estudos ruído.
-Estudos de manipulación manual de cargas
-Cálculo de índices de sinistralidade (incidencia, gravidade e frecuencia)
-Elaboración de manuais de autoprotección, procedementos de posta en práctica de simulacros e primeiros auxilios.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000