Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Socioloxía do traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración dun traballo práctico consistente nunha investigación sobre os contenidos da materia; o profesorado responsable supervisará a elección do obxecto de investigación, obxectivos e metodoloxía, e o traballo de investigación se realizará mediante un equipo de varios/as alumnos/as (máximo de 4). Se o/a alumno/a non pode facelo en grupo, terá a posibilidade de elaborar o traballo de investigación de maneira individual, pero terá que comunicarllo previamente ao profesorado. 40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C21
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba de Exame que avaliará os coñecementos adquiridos mediante preguntas obxectivas tipo test sobre conceptos teóricos impartidos na materia. 25 A2
A3
B2
C21
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de Exame que avaliará os coñecementos adquiridos mediante preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos impartidos na materia. 25 A2
A4
B2
C21
D3
D4
Presentación Presentación pública do traballo práctico de investigación. 10 A3
A5
B1
B2
C21
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN:

O alumnado en modalidade presencial terá que asistir polo menos ao 75% das Clases para ser avaliado nesta modalidade.

No caso de que o alumnado teña que incorporarse á modalidade virtual, deberá acceder aos medios telemáticos postos á súa disposición (videoconferencia, MOOVI), para realizar as tarefas propostas, coa mesma frecuencia porcentual (75%) que se esixe ao alumnado presencial.

Realizaranse varias modalidades de avaliación: unha proba de exame con preguntas obxectivas tipo test sobre conceptos teóricos que supoñen ata o 25% da nota da materia; unha proba de exame con preguntas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos que supón ata o 25% da nota da materia; un traballo práctico consistente nunha investigación sociolaboral a realizar no Seminario que supón ata o 40% da nota da materia; e a presentación pública por parte do alumnado do traballo práctico supón ata o 10% da nota da materia. Será necesario obter polo menos 4 de 10 puntos en cada parte teórica / práctica da materia: é dicir, un 4 na parte teórica (exame de preguntas tipo test e exame de preguntas de desenvolvemento) e un 4 na parte práctica de Seminario (investigación sociolaboral e presentación pública), para poder sumar as notas das dúas partes e así establecer a nota final da materia.

Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes (teórica e práctica) non se sumase o aprobado, gardarase a nota da parte aprobada para a segunda convocatoria, onde o alumnado terá que facer un exame sobre a parte non aprobada (preguntas do contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a recuperar).
 
O alumnado que non seguise a modalidade presencial realizará un exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, que terá tres partes: unha sobre o contido teórico con preguntas obxectivas tipo test (30%), outra sobre o contido teórico con preguntas de desenvolvemento (30%) e outra sobre o contido práctico da materia mediante preguntas de desenvolvemento sobre metodoloxía e deseño dunha investigación (40%). O exame supoñerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación final serán as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas pola "Xunta de  Facultade" para o curso 2023-24.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000