O sistema de avaliación definido anteriormente corresponde á avaliación
continua. Avaliación global: Nas datas que estableza o centro terán lugar os exames finais, que tanto na primeira como na segunda convocatoria consistirán en: 1.- Resolución de problemas ou exercicios: Exercicios e problemas sobre os contidos da materia. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado"(5 sobre 10) para superar a proba. Pesará un 40% na nota final da materia. 2.- Exame tipo test: É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba. Pesará un 40% na nota final da materia. 3.- Asistencia participativa a clases, seminarios e realización de tres casos prácticos. Para aqueles alumnos que asistan polo menos ao 80% das clases e seminarios e realicen os tres casos prácticos. Pesará ata o 20% da nota do curso. A realización dos casos prácticos libera ao alumno dos devanditos contidos no exame final. 4.- Realización de tres casos prácticos. Para aqueles estudantes que asistan a menos do 80% das clases e seminarios. O alumnado poderá realizar de forma autónoma os casos prácticos. É necesario superar todos e cada un deles (nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles). A superación dos casos prácticos libera o alumno destes contidos na resolución de problemas ou exercicios e nos exames finais. A realización dos casos prácticos (xa sexa de xeito autónomo, ben mediante asistencia presencial en clase ou en liña) é un requisito mínimo para superar a materia. A súa realización libera ao alumno da avaliación dos contidos vencellados .O profesor poderá formular preguntas relacionadas co contido dos casos nos exames finais a aqueles alumnos que non superen algún dos supostos propostos.
|