Educational guide 2023_24
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Dirección de PEMES
 Materias
  Dirección Estratéxica da PEME
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Lección maxistral 0 A2
Estudo de casos Resolución de casos de empresas relacionados cos contidos da materia baixo a proposta, guía e supervisión do profesorado. 40 A2
B3
C1
C7
C8
C18
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de preguntas de desenvolvemento 40 A2
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e/ou exercicios 20 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As actividades formativas desenvolveranse desde unha metodoloxía participativa e aplicada que se centra no traballo do alumno/a.

De entre as actividades formativas deseñadas para o MASTER e encargadas de organizar os procesos de ensino e aprendizaxe (lección maxistral, actividades prácticas, actividades individuais/grupais e as titorías académicas), a materia desenvolverá aquelas actividades que máis se adecúen aos contidos e competencias a adquirir polo alumnado. Utilizarase un sistema de avaliación preferentemente continuo e diversificado, seleccionando as técnicas máis adecuadas en cada momento, que permitan poñer de manifesto os diferentes coñecementos e capacidades adquiridos polo alumnado ao cursar a materia.

A docencia presencial teórica consistirá na presentación na aula dos conceptos e contidos fundamentais propostos no programa. 

As actividades prácticas en clase poderían consistir na resolución de problemas e casos prácticos, así como na realización de lecturas, exposicións e debates 

Na modalidade de avaliación PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL a cualificación final será o resultado da nota do exame final(70%), Resolución de varios casos prácticos (30%).

Considérase aprobada a sinatura se dita media é maior ou igual a 5.

Na convocatoria de xullo e nas extraordinarias manteranse os mesmos criterios que para a convocatoria ordinaria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000