Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles Código V05M145V01310
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OP 2 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Costa Montenegro, Enrique
Correo-e kike@gti.uvigo.es
Profesorado
Costa Montenegro, Enrique
Gil Castiñeira, Felipe José
López Bravo, Cristina
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Na materia "Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles" móstrase unha visión xeral do panorama ubicuo, en particular das aplicacións móbiles e dos diferentes sistemas operativos sobre os que estas se executan.

O mercado das aplicacións móbiles é un mercado con grandes expectativas de crecemento debido ao número de dispositivos móbiles activos no mundo (varios millones), ao desenvolvemento de cidades intelixentes ou á evolución de Internet cara a Internet de Todo (persoas, procesos, datos e obxectos).

Ao longo do curso desenvolverase unha aplicación de exemplo (un xogo), a través do cal se introducirán as distintas características e funcionalidades da plataforma Android: interfaces de usuario, actividades, servizos, integración do contexto, compartición de datos, concurrencia e seguridade.

Ademais quen curse a materia debe desenvolver un proxecto propio, no que se inclúan todas as fases de desenvolvemento dunha aplicación móbil, desde o deseño inicial á publicación en tendas de software en liña como Google Play.

Toda a documentación da materia estará en inglés. As sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e o seguimento dos traballos tutelados serán en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000