- Avaliación continua: Para que se realice a media ponderada das distintas cualificacións, será necesaria a entrega de cada unha das tarefas indicadas (traballo/s práctico/s con memoria, proba de avaliación intermedia e exame final). Ademais, deberase obter polo menos o 40% da cualificación máxima no exame final e o 40% da cualificación máxima en cada práctica. No caso de que non se alcancen estes limiares a cualificación final será o mínimo da nota ponderada (usando os pesos indicados na táboa anterior) e 4. - Avaliación global: Para que se realice a media ponderada das distintas cualificacións, será necesaria a entrega de cada unha das tarefas indicadas (traballo/s práctico/s con memoria e exame final). Ademais, deberase obter polo menos o 40% da cualificación máxima no exame final e o 40% da cualificación máxima en cada práctica. No caso de que non se alcancen estes limiares a cualificación final será o mínimo da nota ponderada (cun peso de 40% para as prácticas e 60% para o exame final) e 4. Todas as probas e traballos desenvolveranse de forma individual e non serán recuperables. A planificación da proba de avaliación intermedia e a entrega da/s práctica/s publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. Tras a publicación das notas da proba de avaliación intermedia os/as estudantes dispoñerán dun prazo de 1 mes para renunciar á avaliación continua. As mesmas normas son aplicables á avaliación na oportunidade extraordinaria, na que os/as estudantes poderán escoller se desexan manter a cualificación da proba de avaliación intermedia obtida durante o curso e ser avaliados/as mediante avaliación continua, ou ser avaliados/as mediante avaliación global. En ningún caso a cualificación da proba de avaliación intermedia será gardada para cursos posteriores. No caso de que haxa convocatoria adiantada, a avaliación realizarase mediante un único exame final. En caso de detección de copia en calquera das probas (proba de avaliación intermedia, prácticas ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |