En casos de docencia non presencial ou parcialmente presencial, todas as actividades docentes realizaranse mediante a ferramenta “Campus Remoto” xunto co apoio da plataforma Moovi e do correo electrónico. Ademais, teranse en conta os seguintes aspectos:
* Docencia de grupo A:
Os contidos teóricos da materia impartiranse en modo remoto a través de Campus Remoto
* Docencia de grupos B:
As prácticas de laboratorio que non poidan ser realizadas nos laboratorios especializados da Universidade substituiranse por algunha ou varias das seguintes alternativas:
- Prácticas demostrativas nas que os estudantes deben asistir e participar de forma remota.
- Prácticas de simulación que os estudantes deben realizar e entregar informes de resultados.
- Prácticas realizadas con circuítos electrónicos que os estudantes poden montar nas súas casas e entregar un informe de resultados.
O proxecto pode ser substituído tamén por un traballo teórico e/ou práctico relacionado cos contidos da materia. Neste caso, poderá ser individual ou en grupos de 2 alumnos en función das súas características e/ou extensión de acordo coas indicacións que o profesorado comunicará con suficiente antelación.
* Avaliación no caso en que deba realizarse online:
Manteranse os mesmos criterios de avaliación que en modo de docencia presencial. |