Nas sesións maxistrais o profesorado atenderá, orientará e resolverá as dúbidas do estudiantado sobre os
contidos abordados nas clases teóricas.
O alumnado terá ocasión de acudir ás tutorías personalizadas no horario que se estableza a tal efecto na plataforma de teledocencia. Estas tutorías están destinadas a resolver as dúbidas e orientar ao estudiantado sobre o desenvolvemento dos contidos abordados nas clases teóricas, e nas clases prácticas.
Así mesmo, tamén se manterá unha comunicación constante entre o equipo docente e o alumnado a través da Rede mediante a plataforma de teledocencia.
Prácticas con apoio das TIC
Nas sesións prácticas o profesorado exporá diversas actividades ao alumnado. O estudiantado resolverá ditas actividades, e poderá plantexar ao profesorado as preguntas ou cuestións que consideren sobre os contidos dos exercicios ou problemas expostos.