Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Con esta metodoloxía se traballan as competencias CG8, CE5, CT2.
Prácticas con apoio das TIC
Clases onde o alumnado traballará de forma individual ou en parella os contidos prácticos da materia.Se realizarán actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas. Nesta metodoloxía se traballan de xeito práctico as competencias CG4 e CE5.
Resolución de problemas
Actividades na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións máis axeitadas ou correctas.